Thursday 28 de March de 2024

O Concello de Padrón colaborará coa Asociación ACOUGO para facilitar o acollemento familiar


A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da Asociación ACOUGO, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que participan no programa de acollemento familiar.

Na actualidade no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras -dúas con acollementos activos e unha en proceso-. En toda Galicia hai en total 329 familias acolledoras e 1.300 nenos e nenas en centros de acollida. Segundo ACOUGO o dato das familias acolledoras podería incrementarse se dende as administracións locais se desen facilidades. Así, a raíz do compromiso adquirido hoxe o Concello axudará a estas unidades familiares na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir
aos comedores escolares, as actividades deportivas ou á escolar infantil.

Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras.